VI Gala do Deporte Tudense 2017

VI Gala do Deporte Tudense 2017

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 23 de febreiro, ás 20.30h a VI Gala do Deporte Tudense na que se recoñecerá o traballo dos deportistas, clubs, entidades ao longo do ano 2017 coa entrega dos Premios Deporte Tudense 2017 ao deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo, club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, e entidade colaboradora do deporte.

Tamén haberá unha homenaxe a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do mundo e de Europa no ano 2017.

¿En qué podemos ayudarte? Tlf: 628006383