A Xunta integra o Fútbol Sala na Federación Galega de Fútbol

Logo Federación

A Xunta integra o Fútbol Sala na Federación Galega de Fútbol

A Secretaría Xeral para o Deporte aproba a resolución mediante a que a Federación Galega de Fútbol asumirá as funcións para a prática da especialidade deportiva de Fútbol Sala.

 

A Xunta de Galicia vén de resolver favorablemente o procedemento de revogación de recoñecemento da Federación Galega de Fútbol Sala como federación deportiva galega e da cancelación da inscrición da Federación Galega de Fútbol Sala no Rexistro de Entidades Deportivas.

 

Coa integración do fútbol sala na Federación Galega de Fútbol evitarase un grave prexuízo na carreira deportiva dos practicantes do Fútbol Sala a nivel federado, pois deste xeito terán abertas todas as vías de proxección deportiva profesional, producindo unha clara situación de igualdade con outros practicantes do territorio nacional.

 

Consulta aquí los detalles de esta noticia.

¿En qué podemos ayudarte? Tlf: 628006383